PRIMEIRO OBRADOIRO DE IMPROVISACIÓN TEATRAL

Cartel Curso Impro

A Compañía Triatreros Grupo de Teatro ten o pracer de presentar o seu Primeiro Obradoiro de Improvisación Teatral.

  Que é a “Impro”?

A Impro é unha técnica a través da cal, o acto de improvisar convértese nunha práctica escénica apta para ser compartida co público. As súas bases foron fixadas a mediados do Século XX por personalidades como Viola Spolin ou Keith Jhonstone.

  Cales son os obxectivos do obradoiro?

– Aprender a crear escenas improvisadas de xeito instantáneo.

– Desenvolver ferramentas como a escoita escénica, o enxeño verbal ou a creación rápida de personaxes.

– Distinguir e adestrar os diferentes formatos de Impro (Do “Catch” ao “Long Form”)

– Entender e poñer en práctica o triplo rol do improvisador (actor-director-dramaturgo)

– Traballar a creatividade e a imaxinación dentro dun xénero teatral contemporáneo.

  A quen vai dirixido?  

Tódolos públicos a partir de 16 anos. Non fai falla ter experiencia como actor.

 O prezo?

40 €

 Horario?

Sábado e Domingo de 11 a 14 e de 16 a 19.

 Onde reservo? 

 En info@triatreros.com ou no 622286269 (Miguel Canalejo)

Algo máis?

Toda a xente que se anote no curso poderá asistir como convidado a actuación mensual dos Triatreros en Vigo. Neste caso a función sería o Venres 11 de Abril.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s