Actor de teatro e cofundador da compañía Triatreros. Licenciado en Interpretación Textual na Escola Superior de Arte Dramática de Galicia, forma parte do elenco de “O Improperio Contraataca” pero comezou a súa formación na compañía de teatro afeccionado “Sardiña”, coa que participou en varias montaxes de teatro greco-latino. Con este proxecto percorreu toda España e tivo a honra de actuar en teatros de gran prestixio como o Teatro Romano de Mérida, Arriaga de Bilbao, etc.
Completou a súa formación con cursos como “Roy Hard” a cargo de Nuria Inglada. Algunhas das figuras que complementaron a súa educación teatral foron Ermel Morales, Nuria Montero, Cristina Dominguez, etc.
En 2008 traballou nas rutas teatralizadas do Concello de A Coruña e no ano 2011 foi galardoado como mellor actor no III premios de Teatro Ibérico Marta Sieiro. No mundo audiovisual colaborou coa escola de Imaxe e Son de A Coruña en numerosas curtas, participou nas series da TVG Mareas Vivas e Os Atlánticos como figuración especial e forma parte da campaña publicitaria “Te mereces lo mejor” de Parque Ferrol.