Licenciado en Interpretación textual pola Escola Superior de Arte Dramático de Galicia.
Dende moi novo, ten contacto co mundo da escena a traves da súa participación na compañía Comediantes Anónimos. Formándose con directores como Entelvino Vazquez (en cursos de Movemento escenico a posta en escena) ou Fran Paredes a en disciplinas como Danza Contemporanea, Hip-Hop ou Loita Escénica.
No 2010 participa no musical “El Libro de la Selva” de Barceló Producciones, compaxinando con múltiples colaboracións para a Escola de Audiovisuais de Pontevedra. Actualmente forma parte do elenco das compañías profesionais Teatro de Ningures (no seu espetáculo Atra Bile“) a Xerpo Produccións (no seu espetáculo “Morgue“). Tamén traballa dende hai catro anos para Animar-t Animacións onde desenvolve múltiples actuacións para cativos a maiores, participando tamén nas súas montaxes infantís como “O elixir Máxico”.
No mundo audiovisual cabe destacar a súa aparición en curtametraxes como “El que ríe el Ultimo” de Néstor Ares ou “Amor“ de Multiciplinar Produccións, ademáis de participar en spots para marcas como Ginebra Seagrams ou Creperie Bretonne.