HISTORIA

DSC_3288Ano 2011. Tres homes e unha muller coñécense. Entre risas e comentarios pouco apropiados descobren que teñen a mesma vocación: Facer teatro. Son quen de atopar unha filosofía en común. Entenden que o teatro é un acto comunicativo. Por iso precisan buscar a alguén que queira escoitar o que teñen que dicir. Comezan a súa andaina con moi poucos recursos (¡Que duro resulta ser emprendedor!). Buscando como chegar ao público, atopan nos cafés-teatro o seu fogar, e no teatro de improvisación a súa linguaxe. Xuntos crean o seu primeiro espectáculo: “Improperio. O Imperio da Impro.” Invaden cafés, cervexerías e pubs de media Galicia coa súa peculiar técnica do “Acoso ao dono do local”. As cousas semellan ir ben. Incluso comezan a ser chamados para actuar en galas, festivais ou pasarelas de moda (Si, pasarelas de moda, vai en serio). Aos poucos, conseguen que a xente comece a lembrar o seu nome… ou a intentalo (“Treatriro…triarro…trilar…Si home! Os da Impro!”). Co tempo, rematan por coñecer a outras persoas que tamén teñen o mesmo obxectivo que eles. Todos xuntos comezan a pisar teatros cos seus espectáculos (“Hámster” de Santiago Cortegoso, ou “Improperio Distrito Federal” a versión de sala do seu primeiro espectáculo de improvisación.) Triatreros é un grupo que comeza, que sinte que ten algo novo que aportar, e que ten a necesidade chegar ao público. Agora mesmo Triatreros continúa a traballar. O seu próximo espectáculo é “Matanza” de Roberto Salgueiro, co que agardan seguir chegando aos espectadores e facer que saian do teatro con ganas de voltar… e a poder ser, que traian amigos.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s