Actor. Licenciado en Interpretación pola Escola Superior de Arte Dramática de Galicia.
Comezou os seus estudos en grupos de teatro coruñeses como Casahamlet ou Artestudio. No ano 2011 realizou o Master Internacional de Commedia dell’arte en Málaga impartido por membros do Teatro del Lazzi. Neste mesmo ano comeza os seus estudos en Interpretación específica para cine e televisión no estudio de actores La Tuerka Films. No eido audiovisual, realizou diversos traballos, como o episodio piloto “Plan B” dirixido por Enrique Otero ou a curtametraxe “Estadea” de Francisco Calvelo. Tamén participou en diversas montaxes teatrais coma “O Amante” de Harold Pinter ou “Improperio. O Imperio da Impro”. No ano 2013 recibiu a Bolsa para perfeccionamento de estudos artísticos da Deputación de Coruña.
Actualmente realiza o Master en Interpretación para la Cámara de la Central de Cine de Madrid.